VI Congrés d’Escola Valenciana

A celebración do VI Congrés d¨Escola Valenciana supón una aposta por unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todas e todos.

A súa celebración semella serem urxente para reflexionar sobre uns eixos coeducación, plurilingüismo e transformación dixital que se presentan como fundamentais nestes tempos de repensar a educación e de compromiso polo cumprimento da Axenda 2030.

O impacto e a convulsión provocada pola COVID19 fai máis urxente abrir foros de debate para propoñer un novo modelo educativo que dé resposta aos retos dunha nova realidade ao tempo que permita coñecer e compartir todas as boas prácticas que teñen xurdido desde as escolas e desde a necesidade de dar resposta educativa, pero tamén persoal e emocional, as e os estudantes dos diferentes niveis, as súas familias, una resposta que se foi construíndo no día a día e obrigou ao profesorado a repensar o seu papel docente e puxo en evidencia a disparidade do noso sistema educativo, as desigualdades sociais e a brecha dixital.

Se estabamos “repensando” a escola dunha maneira sosegada e poñendo e valor os esforzos por lograr una educación pública, de calidade, equitativa e igual para as nosas nenas e os nosos menos que nos permitirá construir un mundo máis xusto e igual, o furacán do COVID19 obrigounos a tomar decisións rápidas, e optar, algunhas veces, por solucións precipitadas que non permitían a reflexión e a calma necesarias para avanzar cara un modelo optimo mais tamén serviu para que moitas e moitos abandoaran a súa zona de confort, impulsaran solucións creativas, compartiran as súas inquedanzas e as súas inseguridades cos demáis potenciando redes de traballo colaborativo e convertíndose nunha oportunidade para avanzar na EDUCACIÓN que queremos.

Reforzámonos na nosa aposta pola coeducación como camiño para que as nosas nenas e menos, mozas e mozos poidan crecer e vivir en paridade xa que, unha vez máis foron maioritariamente as mulleres as que tiveron que facer fronte ao traballo dos coidados (nas casas, nos hospitais, nas residencias, nos mercados,…). Unha educación entre iguais fai unha sociedade máis equitativa e xusta, permite que as e os nosos estudantes teñan modelos e referentes doutros modos de relación e axuda a superar as barreiras do machismo, dos estereotipos e das desigualdades entre mulleres e homes.

Ao tempo descubrimos a urxencia da transformación dixital para que ningún neno e ningunha nena quedase atrás pero esta actuación debe ir acompañada do desenvolvemento de competencias socioemocionais críticas que permitan unha experiencia educativa democrática, solidaria, de reflexión e de autoestima. A dixitalización debe crear pontes de relación e de intercambio aínda que non debe substituír o presencial, o próximo e o persoal.

Vivimos nun Estado plurinacional e plurilingüe que nos enriquece como sociedade, que complementa a nosa visión do mundo con múltiples perspectivas, deste xeito, a nosa lingua identifícanos cultural, social e emocionalmente e é preciso que se acepte sen reservas o dereito das nosas comunidades ao uso normalizado das linguas propias e o seu recoñecemento en todos os ámbitos. Propoñemos, ademáis, a necesidade da identificación do plurilingüismo tamén coas linguas propias e que non sexan sempre as linguas estranxeiras referentes do mesmo.

Debater, intercambiar, reflexionar, poñer en común as propostas, as experiencias e os diferentes puntos de vista farán posible avanzar nun modelo educativo humanista que dea resposta ás necesidades das nosas nenas e dos nosos nenos.

 

Luisa Márquez Rodríguez

Coordinadora Estatal da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO

Top